O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera renova a súa xunta directiva

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera ten novo presidente. Juan Otero Brandariz, coñecido por todos e todas como Juancho, foi elixido presidente da entidade meracha na asemblea extraordinaria celebrada onte na Casa do Pobo de Mera. Acompáñanno na xunta directiva outras oito persoas que continuarán traballando arreo para que o club siga ofrecendo a todos os veciños e veciñas do Concello de Oleiros a posibilidade de practicar este fermoso deporte na localidade de Mera.

Tal e como manifestou o presidente entrante, a intención da nova xunta directiva é manter e consolidar todo o traballo realizado durante os últimos anos que permitiu importantes avances para a entidade. Actualmente o club conta cun total de 53 remeiros e remeiras de todas as idades que precisan dunha ampliación das actuais instalacións. Ademais, os dirixentes tamén consideran imprescindible a creación dun punto de embarque seguro nalgún punto da costa meracha que permita a todos os remeiros e remeiras poder botar as embarcación ao mar nunhas condicións mínimas de seguridade.

A asemblea tamén aprobou a actual situación económica do club.

mera1

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s