Primeiras regatas puntuables para Mera esta fin de semana

Esta fin de semana A Mariñeira afronta as dúas primeiras regatas puntuables da tempada: I Bandeira Severino Escurís Batalla (sábado ás 18:00 na Pobra do Caramiñal) e III Bandeira Marina Cabo de Cruz (domingo ás 12:00 en Cabo de Cruz). Na xornada do sábado, os remeiros merachos vogarán na primeira quenda, xunto cos equipos de Puebla B e Narón. Na quenda de honra estarán as catro mellores embarcacións na regata de presentación do Grove e aspirantes a liderar a clasificación durante todo o verán: Náutico de Boiro, Rianxo, Cangas e A Cabana.

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera afronta estas dúas probas coa máxima ilusión e coa intención de acadar o obxectivo establecido a principio de campaña que é abandonar a última praza da táboa. Na primeira regata oficial do verán, os merachos superaron ás tripulacións de Puebla B e Narón e estiveron moi preto de impoñerse tamén á Cabana. Pero tanto Puebla B, que superou aos de Mera na última regata preparatoria, como Narón, que ten dúas novas fichaxes, serán dous equipos moi difíciles de superar.

Ademais, o entrenador José Manuel Peláez non terá moitas alternativas para configurar a tripulación da Mariñeira. Á baixa segura de Gonzalo López por motivos laborias, engádese que Sergio Baña chega mermado por unha lesión de espalda e outros dous remeiros tan só poderán participar nunha das dúas regatas. A semana de adestramentos tamén está a ser bastante complicada debido aos compromisos laborais de varios integrantes do plantel, polo que o resultado é unha icógnita.

27305527144_6988c374d9_o

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s